XIII Xuntanza Internacional de Corais 2015

Sábado 6 de abril do 2015 en Baión. 

XIII Xuntanza Internacional de Corais

Lun, 06/04/2015 - 22:18 — Luisrd

Lugar: 

Baión

Data e hora: 

Sab, 09/05/2015 - 19:00 - Dom, 10/05/2015 - 00:00

Despois das marabillosas experiencias dos anos pasados coas celebracións das doce edicións, de novo nos xuntamos para celebra-la XIII XUNTANZA INTERNACIONAL DE CORAIS, e renderlle así unha homenaxe a todas aquelas persoas, compoñentes de corais, que, con moito esforzo pero á vez con moita ilusión, nos deleitan coa súa música.

O noso desexo é de que pasemos un día de ledicia, de que disfrutemos intensamente con esta xornada musical e, sobre todo, de que sirva fundamentalmente para fomentar a amizade e a solidariedade entre os pobos, sentimentos que esperta a música. 

 


A Asociación Cultural O Castro celebrou o pasado 09/05/2015 no polideportivo de Baión, na que participaron as seguintes corais.

  • Coral  de RIANXO......................................................................... Rianxo - A CORUÑA
  • Coral  polifónica de TABOADA....................................................... Taboada - LUGO
  • Coro polifónica VILADAUGA.......................................................... Laias - OURENSE
  • Coral Polifónica Santa Eulalia de Donas...................... Gondomar - PONTEVEDRA
  • Coro Voces del Alba........................................................................... La Robla - LEÓN
  • Coral S, MATEUS.............................................................. Grimancelos - PORTUGAL
  • Coral CANTIGAS DO CASTRO...................................................... Baión - Anfitriona 

Dende a Asociación queremos agradecer  a todas elas a súa participación.

Despois de quentar as voces, ás 19,00 h empezou o concerto, por certo con gran calidade dos participantes.

Ao remate da actuación houbo unha cea na que participaron unhas 300 persoas.

Os membros da Asociación están satisfeitos un ano máis cos resultados logrados, despois de moito tempo traballando para que a xornada saíra o mellor posible.

O bo ambiente que houbo, o humor, as ganas de pasalo ben fixeron de este día unha xornada inesquecible.

Unha forma de facer cultura a través do CANTO. 


Video da XIII Xuntanza Internacional de Corais 2015


Video resumen 



Prensa: XIII Xuntanza Internacional de Corais 2015

Artigos nos periodicos locais 


 


Fotos da XIII Xuntanza Internacional de Corais 2015 

Pulsar para agrandar 















Coral
maio 09, 2015
0

Comentarios

Buscar