$show=/202$source=random-posts$c=5$type=slider$src$snippet=hide$cate=0$tb=rainbow$m=hide$src

$show=home$type=slider$snippet=hide$tb=rainbow$m=hide

Nadal de Maiores - Encontro de Rondallas - Festival de Nadal 2017

Nadal de Maiores - Encontro de Rondallas - Festival de Nadal 2017

Celebrado o domingo 17-12-2017 na Casa da Cultura de Baión cos seguintes actos:

  • 17,30  Nadal de Maiores
  • 18,30 XIV Encontro de Rondallas
  • 19,30 Festival de Nadal 






Ver Vídeo do Festival de Nadal 2017

Rondallas participantes 

Rondalla “O CASTRO” 

Baión (Pontevedra)

Director: D. Luis Renda Dios

A rondalla O CASTRO naceu no ano 1998 no seo da Asociación Cultural O Castro de Baión, con 30 compoñentes de tódalas idades.

As pezas do grupo están compostas basicamente por cancións populares, tendo tamén un repertorio conxunto coa Coral Cantigas do Castro da mesma asociación.

Súas actuacións esténdense por toda a xeografía galega e fora dela, destacando a participación na misa matinal da TVG co coro Cantigas do Castro, festival “Villa de Fabero” en Fabero (León), festival do “Instituto de Salud Carlos III” de Madrid, concerto na igrexa do Carme en Salamanca, auditorio Príncipe Felipe de Oviedo, Palacio da Audiencia de Soria, auditorio de San Atilano en Zamora, concerto na Robla (León), I Encontro Internacional de Música Tradicional de Riotinto (Portugal), no pasado mes de abril concerto en Carapeços (Portugal) acompañando a Coral Cantigas do Castro, en agosto en Cedillo (Cáceres) e no pasado mes de novembro en Alcobendas acompañando de novo a coral. Participou xunto co coro xuvenil “O Castro” no programa da TVG “Xa somos artistas” emitido o 28-12-2013.

Tamén apertura a Xuntanza Internacional de Corais en Baión que se leva a cabo tódolos anos en maio. Está dentro dos convenios da Deputación Provincial e Xunta de Galicia.

Ao fin de darlle un novo impulso á rondalla, dende o 2011 fíxose cargo dos principiantes Dª Teresa Pazos Dopazo. Conta na actualidade con 11 membros e están dirixidos dende seus inicios por D. Luis Renda Dios. 

Programa

  • Vino tinto con sifón ....De la Zarzuela "La Chula Tanguista"Juan Rica
  • Viaje por España........................................................Popurri


Rondalla Armonía

Tapia de Casariego (Asturias)

Director: D. José Ramón Fernández

A rondalla Armonía, naceu en 2013, cando un grupo reducido de amantes da música dirixidos por D. José Ramón Fernández (Moncho), deciden crear unha rondalla. Aos poucos van sumándose compañeiros ata formar o grupo que máis ou menos integran hoxe, 3 guitarras, 4 bandurrias, 3 laudes, 1 percusionista e 3 voces, en total 14 compoñentes, que pertencen a municipios diferentes e a dúas comunidades, Asturias e Galicia coas dificultades que esta situación leva e que rara vez poden xuntarnos todos. 

Participan en multitude de eventos, centros de día, residencias de terceira idade, centros culturais, semanas culturais festas de magosto, festas de entroido, clausuras de cursos, certame de rondallas nas Pontes de García Rodríguez (A Coruña), Festa de Indianos en Ribadeo Lugo, Ier Certame de Rondallas de Tapia de Casariego, V Encontro de Corda e Coro de Lieres (Pola de Siero Asturias) etc.

O repertorio da rondalla está baseado en temas populares e tradicionais. 

Programa

  • La Paloma.................................................... Sebastián Iradier
  • Tema de Lara (Doctor Zhiwago)... P. Francis Webster/M. Jarre
  • Los Chicos del Pireo ................................... Manus Jatzidakis
  • Asturianina................................................ Popular Asturiana 


Fotos do Encontro de Rondallas

Pulsar para ver ampliadas en galería





Nome

Actividades,14,CASTRUM BAIONIS,1,Citania,2,Cooperación,7,Coral,1,Coral CANTIGAS DO CASTRO,16,Coro xuvenil O CASTRO,3,Cultura Galega,17,cursos,7,Danza,2,Danza O CASTRO,10,destacada,1,Festivais,32,Grupo de Lectura,1,Grupos,7,Maiores,8,Medio ambiente,7,Muller,5,Notas Informativas,3,noticias,1,Nova,1,Novas,16,Pandeireteiras O CASTRO,1,Pandereteiras O Castro,2,prensa,1,programa,2,Rondalla O CASTRO,9,Saídas,20,slider,4,Teatro ATURUXO,9,Voluntariado,7,Xuntanzas,27,Xuventude,17,
ltr
item
O CASTRO: Nadal de Maiores - Encontro de Rondallas - Festival de Nadal 2017
Nadal de Maiores - Encontro de Rondallas - Festival de Nadal 2017
https://blogger.googleusercontent.com/img/a/AVvXsEgbQeheumTd0JroTbw_GYhIzI8qiZx8oXi39fc0bjuFxQKLNAUBuhUBUZbIxYZIlT_Ivy7BeyEB1JPHWNCqH9O9Wxy1JWaRce6NQ0VFaYya4e2MONUg1ohZ27v3CoalMb_G8SX-kU6NuEHKXoT3T50cNujTHanEu7VC6D3DnUXZqmnm9ubCwQzy-wG8=w453-h640
https://blogger.googleusercontent.com/img/a/AVvXsEgbQeheumTd0JroTbw_GYhIzI8qiZx8oXi39fc0bjuFxQKLNAUBuhUBUZbIxYZIlT_Ivy7BeyEB1JPHWNCqH9O9Wxy1JWaRce6NQ0VFaYya4e2MONUg1ohZ27v3CoalMb_G8SX-kU6NuEHKXoT3T50cNujTHanEu7VC6D3DnUXZqmnm9ubCwQzy-wG8=s72-w453-c-h640
O CASTRO
https://www.ocastrobaion.es/2023/01/nadal-de-maiores-encontro-de-rondallas.html
https://www.ocastrobaion.es/
https://www.ocastrobaion.es/
https://www.ocastrobaion.es/2023/01/nadal-de-maiores-encontro-de-rondallas.html
true
2507452034087343330
UTF-8
Cargados todos os artigos Non se atopou ningún artigo VER TODO Leer mais Respostar Cancelar resposta Borrar Por Principal PAXINAS ARTIGOS Ver Todo RECOMENDADO PARA TI ETIQUETA ARQHIVO BUSCAR TODOS OS ARTIGOS Non se atopou ningún resultado para a tua búsqueda Volver Domingo Luús Martes Mércoles Xoves Venres Sábado Dom Lun Mar Mir Xov Ven Sab Xaneiro Febreiro Marzo Abril Maio Xuño Xuñll Agosto Setembro Outubro Novembro Decembro Xan Feb Mar Abr Maio Xun Xul Ago Sep Out Nov Dec agora mesmo fai 1 minuto $$1$$ minutes ago fai 1 hora fai $$1$$ horas Onte fai $$1$$ dias fai $$1$$ semanas fai mais de 5 semanas Seguidores Seguenos CONTIDO BLOQUEADO PASO 1: Comparte na tua rede socialetwork PASO 2: Preme na ligazón na tua rede social Copiar Todo o Código Seleccionar Todo o Código Todos os código foron copiado no tue cartafol Can not copy the codes / texts, please press [CTRL]+[C] (or CMD+C with Mac) to copy Contido