A Asociación Cultural de Baión comezou a súa andaina no ano 1990 en Baión (Vilanova de Arousa). Dende a súa creación, lévanse a cabo diversas actividades
Organiza un amplo programa de actividades:
- Fixas anuais: Xuntanzas musicais, encontros, viaxes culturais, cursos...
- De potenciación da cultura galega:
- Programa xeral de fomento da lectura, charlas, obradoiros, confección de videos sobre a nosa fala.
- Recuperación de:
- a) O noso patrimonio: muíños, cruceiros, fontes...
- b)Tradicións: entroido, maios, magosto, cantos de panxoliñas polo nadal...
- c) Xogos tradicionais: aros, bilarda, bolos, chave...
E moitas máis actividades orientadas a elevar o nivel cultural do noso pobo.
Festa de Entroido - Carnaval
Anualmente fumos quen de organizar un desfile de carrozas pola parroquia, e festa de disfraces con actuacións e chocolate quente para as persoas asistentes. Faise normalmente no Pabillón de Deportes de Vilanova.