Programa: Excursión xeral
Xov, 30/06/2011 - 23:02 — Marta
Lugar:
Portugal
Data e hora:
Dom, 24/07/2011 - 08:00 - 23:00
O domingo, día 24/xullo, imos levar a cabo esta excursión, a PORTUGAL, con arreglo ao seguinte
Programa
Sairemos de Baión (paradas de costume) ás OITO e MEDIA da mañá e seguidamente, a primeira parada que faremos será no fermoso pobo de CAMIÑA; logo, seguiremos viaxe e disfrutaremos no pobo turístico de VILA PRAIA DE ÁNCORA da súa famosa PRAIA, das mais importantes do norte de Portugal. Logo xa, hacia a fronteira, faremos o xantar nun parque, con xogos para nenos ao lado do río Miño, no típico pobo de Vilanova de Cerveira.
Pola tarde, despois de comer, faremos unha paradiña en Valença (na FORTALEZA), por si alguén desexa mercar algunha cousa e logo, dirixirémonos. xa en Tui, ao parque ALOIA, esta maravilla da natureza, con restos de muralla e poblado romano, e unha riqueza impresionante en especies de flora e fauna; é unha fermosa atalaia, dende a que se divisa unha paisaxe extraordinaria; aqui, merendaremos e regresaremos a Baión.
O importe da viaxe - que será abonada no momento de inscribirse - é:
- 10€/adultos
- 5€, os rapaces menores de 16 anos
- os rapaces que participan nas actividades da Asociación (Coral, rondalla, danza, teatro, etc.) viaxarán gratis.