XXI Encontro de Maiores

XXI Encontro de Maiores

Dom, 19/06/2011 - 23:00 — Marta

Lugar: 

Pavellón de deportes de Baión

Data e hora: 

Sab, 02/07/2011 - 11:00 - 23:00

Como ven sendo habitual nestas datas,  o SÁBADO, 2/XULLO/2011,   imos levar a cabo en Baión, o XXI ENCONTRO DE MAIORES, nos que veñen participando maiores das catro provincias galegas, este ano, os invitados son: A Pobra (A Coruña), Monterroso (Lugo), San Amaro (Ourense) e Meis (Pontevedra), e como anfitrións, os maiores da A.C. O Castro. Tamén  están invitados, representantes  políticos, coma os Alcaldes e Concelleiros dos lugares representados. 

O noso obxectivo é moi sinxelo: servir de canle de comunicación e de convivencia, entre maiores da nosa Comunidade, potenciando a través do Encontro, sentimentos de amizade e solidaridade entre os distintos pobos.

Programa 

  • DE DEZ  A ONCE DA MAÑÁ:
    • Recepción en Baión dos grupos invitados e realización dunha  viaxe pola zona, para visitar lugares de interese, como: Casa de Valle-Inclán en Vilanova, Cambados, O Grove, Combarro, unha adega: Rosalía de Castro (Meaño), etc.
  • Á  UNHA: 
    • Misa cantada pola coral:”Cantigas do Castro”
  • LOGO:
    • Intervencións: Autoridades e representantes de maiores.
    • Entrega de agasallos a tódolos presentes.
  • ÁS DÚAS E MEDIA:
    • Xantar de confraternidade.
    • Ao remate, Baile.
  • Ás SEIS E MEDIA:
    • Actuacións de:
    •  Grupo de danza: “O Castro” de Baión
    • Pandereteiras do Castro.
    • Concerto de guitarras e acordeóns 
  • REMATE:
    • Cea e baile.

Durante o Encontro poderase visitar a EXPOSICIÓN de traballos feitos nas distintas clases: manualidades, encaixe, etc.

Maiores
xullo 02, 2011
0

Comentarios

Buscar