Rondalla O Castro

Agrupación pertencente á Asociación Cultural O Castro. Fundada en 1998

Rondalla O Castro

Director: D. Luis Renda Dios

Fundada en 1998 

A rondalla O CASTRO naceu no ano 1998 no seo da Asociación Cultural O Castro de Baión, con 30 compoñentes de tódalas idades.

As pezas do grupo están compostas basicamente por cancións populares, tendo tamén un repertorio conxunto coa Coral Cantigas do Castro e outro de cantos populares e relixiosos co coro xuvenil O Castro da mesma asociación. Na actualidade están a preparar pezas doutros estilos como o musical, bandas sonoras e zarzuela. 

Súas actuacións esténdense por toda a xeografía galega e fora dela, destacando a participación no “XII Festival de Habaneras do Carballiño”, festival “Tempo de Música de Narón”, “Verán cultural” de O Grove, “Tardes de Primavera” en Silleda , “festival de Asogapen” no auditorio García Barbón de Vigo, “festival de panxoliñas” de Caixanova, a participación na misa matinal da TVG co coro Cantigas do Castro, festival “Villa de Fabero” en Fabero (León),  festival del “Instituto de Salud Carlos III” de Madrid, e no mes pasado o concerto na igrexa do Carme en Salamanca.

Tamén apertura a Xuntanza Internacional de Corais en Baión que se leva a cabo todo los anos en maio.

Está dentro dos convenios da Deputación Provincial e Xunta de Galicia.

Actualmente con 15 compoñentes está dirixida dende seus inicios por D. Luis Renda Dios.


Rondalla en Vista Real, 2014



Grupos
xaneiro 16, 2012
0

Comentarios

Buscar