Agrupación Teatral Aturuxo

Agrupación pertencente á Asociación Cultural O Castro. Fundada antes da propia asociación. 

Agrupación Teatral Aturuxo

O grupo de teatro afeccionado  “Aturuxo” naceu antes que a propia Asociación Cultural “O CASTRO” hai máis de vintecinco anos, representando por primeira vez en Baión  “Os vellos non deben namorarse” de Castelao. Despois de varios anos nos escenarios fixeron unha longa pausa.

A actividade teatral deste grupo retomase de novo no  ano 2005 no seo da  Asociación Cultural “O CASTRO”   coa obra “A familia sempre unida”. A esta séguelle “Triste chegada”, “A fonte do Cacique” de X.L. Vila Fariña ou “A parella”

En 2008 con “Tres veces a semana e unha ventana” chega o recoñecemento con diversos premios, semellante camiño seguiu con "Pepa la Trueno" no 2010.

Completan o seu traballo coas obras en:

  • 2012 "O que vale unha nai"
  • 2014 "Ven vostede polo anuncio?"
  • 2015 "Por Prescipción médica!"

Na actualidade seguen na súa teima de divertirse enriba do escenario e facernos desfrutar do seu bo facer.

Son así mesmo os encargados de coordinar a Mostra de Teatro de Baión, que se celebra anualmente no mes de febreiro.

 

 


Grupos
xaneiro 16, 2012
0

Comentarios

Buscar