Coro Xuvenil O Castro

Agrupación musical pertencente á Asociación Cultural O Castro. Fundada en 2003

Coro Xuvenil O Castro

Director: D. Luis Renda Dios

O coro xuvenil "O CASTRO" empezou a súa andaina a principios do ano 2003. Esto foi posible polo interese da ASOCIACIÓN CULTURAL O CASTRO en darlle continuidade ó coro de adultos (Cantigas do Castro) e a súa rondalla (O Castro), así coma darlle unha actividade aos máis pequenos relacionada coa música. Seus 25 compoñentes son nenos e nenas cunha media de idade de 15 anos, e algúns deles xa están empezando a estudiar algún instrumento (Guitarra, violín, viola). 

O seu repertorio abarca tanto cancións relixiosas coma populares, tendo varias pezas coa rondalla e o coro de adultos da mesma asociación.

Destacan súas actuacións en Narón, Vilagarcía, Portonovo, Lugo, Santiago, Vigo, Pontevedra, Aveiro (Portugal), Fabero (León) e Madrid. Este ano están sendo moi solicitados en misas con acompañamento da rondalla O Castro. O importante sobre todo e que os nosos nenos disfruten con esta actividade tan fermosa que temos, A MÚSICA.

 
Coro Xuvenil O Castro, 2010



Coro xuvenil O CASTRO
xaneiro 16, 2012
0

Comentarios

Buscar