Coral Cantigas do Castro
A coral Cantigas do Castro naceu con 16 compoñentes no ano 1993 no seo da Asociación Cultural O Castro de Baión, sendo a súa primeira directora Dª. Teresa Jorge.
O seu repertorio abarca música galega, popular, sacra, habaneras, etc., tendo tamén un repertorio conxunto coa rondalla “O CASTRO” pertencente á mesma Asociación.
Súas actuacións discorren por tóda-la xeografía galega en numerosas celebracións relixiosas, festivais, encontros corais, etc. e tamén fora dela; en Benavente, Fabero, Madrid, Salamanca, Oia, Mira, Vilanova de Cerveira, Gondomar, e Ovar estes cinco últimos de Portugal. Participou tamén na misa matinal da TVG. e este ano na misa do Peregrino da Catedral de Santiago. Recentemente foron invitados por o Orfeón de Loureiro de Portugal a compartir o “22º Encontro de Coros em Terras de La Salette”.
Dende o 2003, ano do seu X Aniversario organiza en Maio a Xuntanza Internacional de Corais, reunindo a corais de Galicia, outras comunidades e Portugal.
A principios dese mesmo ano formou o coro infantil/xuvenil filial que hoxe conta con 20 nenos de idades comprendidas entre os 7 e os 21 anos.
É membro da Federación Coral Galega dende o ano 1999.
Na actualidade a Coral Cantigas do Castro está formada por 29 voces, que coordina e dirixe dende o ano 1997 D. Luis Renda Dios.