Charla en colaboración con UNICEF. "A AUGA FONTE DE VIDA"
Sáb, 03/03/2012 - 09:59 — Marta
Dentro do convenio de colaboración con UNICEF e con motivo da celebración do DÍA DA AUGA
O 22/marzo,instaurado pola ONU, o vindeiro venres, día 16/marzo, ás OITO da tarde, na Casa de Cultura de Baión, celebraremos unha interesante actividade, co seguinte PROGRAMA
- Presentación.
- Proxección dun video.
- Charla-coloquio: A AUGA FONTE DE VIDA, na que intervendrá: MARTA ANDRADE, Técnica de Sensibilización de UNICEF, quen fará unha exposición dos problemas derivados da falta de auga e as actuacións,de emerxencias de Unicef nos países pobres, en especial Haití.
- Unha testemuña directa: O policía civil da ONU, José Luís Peso contaranos a súa experiencia humanitaria durante un ano de estancia en Haití.
Como remate desta actividade e de cara a potenciar o voluntariado e o carácter solidario da Asociación, trataremos de formar un grupo de voluntariado de carácter social, medioambiental, etc. que-ademáis de reforzar a colaboración con Unicef-, dé resposta as inquedanzas que prantexa a sociedade actual. Anímate e anótate, teñas a idade que teñas, só fai falta ter vontade ,ilusión e gañas de colaborar.