Excursión grupo xuvenil
Ven, 09/03/2012 - 00:30 — Marta
Lugar:
Madrid
Data e hora:
Sab, 31/03/2012 - 03:00 - Lun, 02/04/2012 - 23:00
EXCURSIÓN A MADRID DO GRUPO XUVENIL (PARQUE DE ATRACCIÓNS: WARNER E OUTROS LUGARES DE INTERESE, OS DÍAS: 31(MARZO) 1 ,2 (ABRIL).
Dentro das actividades do grupo xuvenil, programamos unha excursión a Madrid,-si hai un número mínimo de persoas- i. nteresadas, destinada exclusivamente a rapaces /mozos e país acompañantes dos mesmos, co seguinte
Programa
SÁBADO, 31/MARZO:
- Sairemos de Baión de madrugada , dos lugares de costume e despois dunhas paradas polo camiño, faremos unha visita panorámica de Madrid; xantaremos e á tarde iremos ao ZOO, disfrutando de tódolos espectáculos, en especial o dos DELFÍNS.Logo, cea e aloxamento.
DOMINGO, 1/ABRIL:
- Pasaremos o día no parque de atraccións: WARNER BROS PARK, con xantar no parque .
LUNS, 2/ ABRIL:
- Sairemos de regreso por SEGOVIA, visitando os xardíns do palacio da GRANXA e nesa cidade , visitaremos o ACUEDUCTO e outros lugares de interese. Xantar en ruta e chegada a Baión entre as dez e once da noite.
O importe da mesma é de 225 (os menores de 4 anos terán prezo especial) que incluie: Visitas, guía, pensión completa, xantar en ruta, autobús e seguro da viaxe.Tódolos rapaces/mozos que o desexen, teñen á súa disposición unhas rifas para axudarlles a financiar a excursión.
Polo tanto, si desexas que o teu fillo/a participe na mesma, cubre o impreso que se adxunta; tes de prazo ata o día 20 de marzo.
Comentarios
Publicar un comentario