XI Xuntanza Internacional de Corais 2013

Celebrada o 9 de maio do 2013 en Baión. 

XI Xuntanza Internacional de Corais

Xov, 09/05/2013 - 15:20 — Luisrd

A Asociación Cultural O Castro celebrou o pasado 04/05/2013 no polideportivo de Baión a XI Xuntanza Internacional de Corais,  na que participaron as seguintes corais: 

  • A CORUÑA 
    • Coral polifónica do CÍRCULO MERCANTIL E INDUSTRIAL de Ribeira 
    • Director: Antonio Fernández Ageitos 
    • (Ausente por causas de fuerza mayor) 
  • LUGO 
    • Coro MESTRE PACHECO de Mondoñedo 
    • Directora: Xulia Nogueira Fernández 
  • OURENSE 
    • Coral CLUB ARTÍSTICO de Rivadavia 
    • Director: Cesar Lorenzo Alvarez 
  • PONTEVEDRA 
    • Coral de SOBRADELO de Vilagarcía 
    • Director: Xesús Portas Ferro 
  • SORIA 
    • Coral de SORIA 
    • Directora: Marta López Condado 
  • PORTUGAL 
    • Orfeão de VILA PRAIA DE ÂNCORA 
    • Director: Francisco Emílio Fontainha Presa 
  • ANFITRIONA 
    • Coral CANTIGAS DO CASTRO de Baión 
    • Director: Luis Renda Dios 

Dende a Asociación queremos agradecer  a todas elas a súa participación.

Despois de quentar as voces, ás 19,30 h empezou o concerto, por certo con gran calidade dos participantes.

Ao remate da actuación houbo unha cea na que non faltou a rosca e o chocolate.

Os membros da Asociación están satisfeitos cos resultados logrados, despois de moito tempo traballando para que a xornada saíra o mellor posible.

O bo ambiente que houbo, o humor, as ganas de pasalo ben fixeron de este día unha xornada inesquecible.

Unha forma de facer cultura a través do CANTO. 


 



En prensa: a XI Xuntanza Internacional de Corais 

Artigos en prensa da cobertura da xuntanza. 





Fotos da XI Xuntanza Internacional de Corais 

Pulsar para agrandar  

















































































Coral CANTIGAS DO CASTRO
maio 04, 2013
0

Comentarios

Buscar