Levadas a cabo o 29 de agosto e o 3 de setembro do 2013 en O Terrón e Cortegada
Actividades acuáticas
Xov, 05/09/2013 - 00:25 — Luisrd
Lugar:
O Terrón e Cortegada
Data e hora:
Xov, 29/08/2013 - 17:00
Mar, 03/09/2013 - 16:00
Rematando o verán, desenvolvemos as actividades acuáticas programadas.
Os nenos e non tan nenos puideron gozar do kaiak, da zepelina (inchable) e dunha táboa de surfing.
O primeiro día (29-08-2013) e dado o vento que facía desenvolvémolo no Terrón xa que alí estaba abrigado do aire.
O segundo día (03-09-2013) achegámonos ata Cortegada, en barco, kaiak e táboa. Cun día espléndido e o incomparable marco da illa, os nenos e adultos que fomos (en total 19), pasamos unha tarde espléndida que nos soubo a pouco.
Fixemos unha boa despedida do verán.
Fotos
Pulsar para agrandar