VIII Certame de Teatro

VIII Certame de Teatro

Dom, 08/02/2015 - 23:47 — Marta

Como cada ano o Grupo Teatral  Aturuxo da Asociación Cultural O Castro organiza o seu Certame de Teatro. Este ano as representacións terán lugar os venres as 20:30 na Casa de Cultura de Baión (Vilanova de Arousa).

Ademais o programa  “En Clave do Castro” (actividade de conferencia- cine- debate, puxose en marcha con motivo do 25 aniversario e cada mes está adicado a unha sección da Asociación) terá como protagonista o TEATRO. Contaremos coa presenza da actriz galega Pilar Pereira que nos expoñerá a súa experiencia e nos dará unha visión actual da dificultade de acceder aos escenarios.

Dona Pilar conta con unha longa carreira teatral e audiovisual que a levau por escenarios de España, Francia e Hispanoamerica. Incansable traballadora, dende os dez anos enriba das taboas, segue a traballar dando mostras do seu inagotable talento. Son moitos os recoñecementos o seu labor e a súa persoa, onde cabe destacar o  Premio de Honra Marisa Soto 2013, outorgado na ceremonia dos Premios  de Teatro María Casares 2013 polos seu compañeiros de profesión.


PROGRAMA

  • Día 13/2 -
    • 20:30 h.: Actuación do grupo Alecrín de Ribadumia,coa obra: O bulto negro. Casa de Cultura de Baión
  • Día 20/2
    • 20:30 h.: O grupo Valle-Innova representará: Teatro do absurdo e do esperpento. Casa de Cultura de Baión
  • Día 27/2
    • 20:30 h.: Aturuxo de Baión, coa obra: Por prescripción médica. Casa de Cultura de Baión
  • Día 28/2
    • 20:00 h.: En Clave do Castro. Local Social do Carballo, Baión
    • 20:00h- Charla: O Teatro, fonte de cultura e transformación social; a cargo da actriz galega Dna. Pilar Pereira.
    • 20:45h- Clausura do Certame de Teatro e entrega de Diplomas, a cargo do Secretario Xeral de Cultura da Xunta de Galicia, D. Anxo Lorenzo
    • 21:00h- Proxección da película: “Viaje a ninguna parte”.


Festivais
febreiro 08, 2015
0

Comentarios

Buscar