XIV Xuntanza Internacional de Corais
A Asociación Cultural O Castro celebrou o pasado 07/05/2016 no polideportivo de Baión a XIV Xuntanza Internacional de Corais, na que participaron as seguintes corais.
- Rondalla y coro xuvenil O Castro........................................... Baión - PONTEVEDRA
- Coro de niños y jóvenes de Alcobendas................................. Alcobendas - MADRID
- Coral Cantigas do Castro........................................................... Baión - ANFITRIONA
- Coral Polifónica de Piloño........................................... Vila de Cruces - PONTEVEDRA
- Coral Polifónica Municipal Atalia de Laxe...................................... Laxe – A CORUÑA
- Coral de Alcobendas.................................................................. Alcobendas - MADRID
- Coral Polifónica de Sarria...................................................................... Sarria - LUGO
- Coral Polifónica Antioquía.................................................. Xinzo de Limia - OURENSE
- Coral Polifónico de Viana do Castelo............................ Viana do Castelo - PORTUGAL
Dende a Asociación queremos agradecer a todas elas a súa participación.
Despois de quentar as voces, ás 19,00 h empezou o concerto, por certo con gran calidade dos participantes.
Ao remate da actuación houbo unha cea na que participaron unhas 300 persoas.
Os membros da Asociación están satisfeitos un ano máis cos resultados logrados, despois de moito tempo traballando para que a xornada saíra o mellor posible.
Ainde que o tempo non acompañou, o bo ambiente que houbo, o humor, as ganas de pasalo ben fixeron de este día unha xornada inesquecible.
Unha forma de facer cultura a través do CANTO.
video
ccccc
Fotos da XIV Xuntanza Internacional de Corais
Pulsar para agrandar