V Mostra de Oficios, Tradicións e Xogos Populares 2022

Os días 11 e 12 de xuño de 2022 en Baión.

V Mostra de Oficios, Tradicións e Xogos Populares 2022


Organizado pola sección de voluntariado da Asociación Cultural O Castro.
Colaboran Concello de Vilanova de Arousa, Pontegal - Deputación de Pontevedra, Consellería de Política Social - Xunta de Galicia, La Caixa, Asociación de Mulleres Citania...  

Haberá unha pulpeira e outros produtos: churrasco, carne ao caldeiro... 
Haberá carpa e aparcadoiros na zona, de balde. 

Programa 

  • Oficios: 
    • Cesteiros, carpinteiros, zoqueiros, carteiros, ferreiros, encaixe, augardenteiros, follalateiros, telleiros, alfareiros,,, 
  • Tradicións e costumes: 
    • Serrachíns - malla, exhibición de bois e carro do país, corta de toxo, debullar o millo, escena de lavadoiro, cantos de taberna. 
  • Obradoiros: 
    • Alfarería, cestería, larpeirada tradicional... 
  • Exposicións: 
    • Ferramentas e material de época, apeiros de labranza, motos abtigas. 
  • Xogos populares: 
    • Aros, chave, bolos. 

Horario 

  • Sábado 11
  • Mañá: 
    • Inauguración ás 12.00 
  • Tarde:
    • De 16.30 a 21.00 Actividades diversas, ademais haberá sesión especial infantil e xuvenil 
    • De 21.00 a 22.30 actuación musical, cancións da época co grupo M-80 
    • Ás 22.30 Noite Meiga: mouchos, coruxas, sapos e bruxas e... lobos. 
    • Andaina da Santa Compaña, con Queimada ao remate 
    • O sábado nenos/as e xoves poderán participar en obradoiros e xogos populares e serán agasallados cunha gorra e algunha outra sorpresa. 
  • Domingo 12 
    • De 11.00 a 14.00 e de 16.30 a 20.30 actividades diversas. 
    • Ás 19.00 "O tesouro do espantallo" (xogo de pistas familiar). 
    • Ás 20.30 actuación do grupo Vilamariachi. 
Todas as actividades estarán acompañadas por actuacións de: 
  • Grupo de Teatro Aturuxo 
  • Grupo de Danza O Castro 
  • Coral Cantigas do Castro 
  • Rondalla O Castro 
  • Grupo de Gaitas Búscalle o Burato 




Actividades
xuño 11, 2022
0

Comentarios

Buscar