Agrupación pertencente á Asociación Cultural O Castro. Fundada en 2009
Pandeireteiras do Castro
O grupo de pandeireteiras da Asociación Cultural “O Castro”, naceu no ano 2009 no seo da Asociación de Mulleres Rurais “CITANIA” que forma parte da mesma asociación cultural.
Nun principio, o grupo de pandereiteiras estaba formado por unhas oito compoñentes, pero ante o incremento de persoas ansiosas de comezar coa arte da pandeireta, pasou a formar parte da Asociación Cultural “O Castro” e dos seus numerosos grupos artísticos entre os que destacan o grupo de teatro, o gupo de danza, o coro xuvenil, a coral de adultos, a rondalla e o recente grupo de cámara.
Actualmente, conta cun total de 15 compoñentes, todas elas mulleres, con idades comprendidas entre os 21 e os 65 anos de idade.
O seu repertorio é variado, e inclúe dende panxoliñas nas datas de Nadal, a música popular entre as que destacan “jotas”, muiñeiras e pasodobres.
A súa historia é recente, mais non é impedimento para non citar eventos nos que participaron como son, festivais de Nadal, festivais da Terceira Idade, festivais das Letras Galegas, e incluso se deixaron ver nalgún que outro casamento para amenizar o banquete.
Dirixidas por Mónica Hernández Rois, unha moza de Santiago de Compostela, o grupo de pandereiteiras do Castro, segue a difundir a música da pandeireta alá a onde vai coa alegría e a ilusión de todas as súas compoñentes.