Xornadas de Medio Ambiente
Xov, 17/03/2011 - 03:49 — Marta
A Asociación Cultural "O CASTRO" de Baión, presentará o venres 18 DE MARZO, ás OITO da tarde, na Casa de Cultura de Baión as Xornadas de Formación e Sensibilización Social " A AUGA FONTE DE VIDA".
Con motivo da celebración do DÍA MUNDIAL DA AUGA, o 22 de marzo, instaurado pola ONU, a sección de Medio ambiente de esta asociación, ven de programar unhas xornadas co obxecto de por de manifesto a gran importancia da auga na nosa vida e a necesidade de facer un uso responsable da mesma.
A primeira xornada, levarase a cabo este venres 18 de marzo (ás 20:00) co seguinte programa:
- Presentación coa intervención do representante da Consellería de Medio Ambiente.
- Charla-coloquio: "A auga e a supervivencia infantil. Gotas para o Níger"
- Actuación da Coral e Rondalla "O Castro"
A Charla-coloquio será impartida por MARTA ANDRADE, técnica de sensibilización de UNICEF, que fará unha exposición dos problemas derivados da falta de auga potable, sobre todo en Níger, un dos pobos máis pobres e con maior tasa de mortalidade infantil do Mundo, así como medidas necesarias para atallar esta lacra.
Ó remate, recolleranse doativos para actuacións concretas de UNICEF. O importe dos doativos destinaranse directamente a mellorar a vida destas persoas. Como exemplo:
- con 52 € pódese mercar pastillas potabilizadoras
- con 60 € pódese mercar sobres para combatir a deshidratación dos máis novos
- con 370€ pódese mercar unha bomba potabilizadora, que evitaría que mulleres e nenos tivesen que andar kilometros durante o día par buscar auga potable.
Polo tanto, xuntando os nosos donativos, seguro que melloramos as condicións de vida de bastantes destas persoas.
Os que non poidan achegar neste día o donativo, estaremos a vosa disposición o domingo, día 20 no local social do Carballo de 10 a 1 da tarde.